sábado, 29 de febrero de 2020

Imperialismo e 1ª Guerra Mundial


O IMPERIALISMO


- Que podedes comentar ao ver esta caricatura?
- A cantos personaxes recoñeces?
- Que é o que queren e por que?
- Cres que conseguiron o seu propósito?




- Que relación atopas entre o visto antes e esta imaxe? Cres que se trata do mesmo tema?

- Que diferencia hai entre imperialismo e colonialismo?

Neste vídeo tedes unha visión xeral do Imperialismo





1ª GUERRA MUNDIAL




Unha visión da guerra

Información sobre a 1ª GM

Amapolas nas solapas


lunes, 21 de octubre de 2019

REVOLUCIONANDO O MUNDO?




Vemos estas 4 informacións, despois empregaremos 1 ou 2 palabras para definilas:

https://www.eldiario.es/desalambre/Crisis-Hong-Kong-pidiendo-manifestantes_0_930906986.html

https://elpais.com/elpais/2019/10/20/album/1571589794_112750.html#foto_gal_1

https://www.bbc.com/mundo/noticias-america-latina-50112071

https://www.france24.com/es/20191020-protestas-libano-contra-gobierno-hariri


Escoitamos esta canción



Letra da canción
Por que escribiron esta canción

Buscade nesta páxina unha canción que para vós mellor reflictiría os motivos para realizar unha revolución. A que non se escoita podedes oíla aquí. E vós coñecedes algunha?

Comezamos un proxecto que se chamará  

  REVOLUCIONANDO O MUNDO
 (Proxecto inspirado no Proxecto EDIA. REA para Xeografía e Historia. CeDeC Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento Compartir igual 4.0)





1. A época das revolucións




Imaxina que te cruzas cunha voluntaria dunha ONG:

- Tes un minutiño, por favor?

-Diante da túa sorpresa e lentitude en respostar, o rapaz aproveita  e comeza a falarche sobre unha ONG (Organización non Gubernamental)  da que forma parte. Traballan loitando contra problemas
como a fame, a discriminación da muller, a explotación laboral e a violación dos dereitos da infancia e dos dereitos humanos en xeral.  O voluntario ensínache unhas fotografías para ilustrar as situacións de inxustiza contra as que loitan na súa organización.







 


Marchas pensando que o que acabas de ver deixouche mal corpo.

-Gústame o mundo no que vivo? Que podería facer para que cambiara?

Que fixeron outras persoas para cambiar as situacións de inxustiza?


Houbo unha etapa na que unha serie de cambios sacudiron o mundo. O descontento da poboación coas situacións inxustas obrigou aos gobernantes, tras numerosas crises e dificultades, a construír un mundo máis xusto e máis libre.  Ese é o que coñecemos como


A era das revolucións.

1.1 Lemos e descubrimos.









As palabras son testemuñas  que a miúdo falan máis alto cós documentos. Consideremos algunhas verbas que foron inventadas ou que acadaron o seu significado moderno no período de sesenta anos [1789-1848][...] Entre elas están "industria", "industrial", "fábrica", "clase media", "clase traballadora", "capitalismo" e "socialismo". O mesmo podemos dicir de "aristocracia" e de "ferrocarril", de "liberal" e "conservador", como termos políticos, de "nacionalismo", [...] "proletariado" e "crise" (económica). [...] E o mesmo con  "folga" [...].
Imaxinar o mundo moderno sen esas verbas (é dicir, sen as cousas e conceptos ás que dan nome) é medir a profundidade da revolución producida entre 1789 e 1848, que supuxo a maior transformación na historia humana dende os remotos tempos no que os seres humanos inventaron a agricultura e a metalurxia, a escritura, a cidade e o Estado. Esta revolución transformou e segue transformando o mundo enteiro. 
HOBSBAWM, Eric.: La era de la Revolución, 1789-1848, Barcelona, Crítica, 2005, páx.9

Este texto danos moitas pistas sobre a importancia do tema que imos traballar. Despois de lelo, intentade respostar estas preguntas. 
(De xeito individual)
  • Serías capaz de establecer unha relación entre os conceptos "industria", "fábrica" e "ferrocarril"?
  • Como explicarías que é o capitalismo?
  • Que significado teñen os conceptos "socialismo", "proletariado" e "folga"?
  • Que entendemos por liberalismo?
  • Estás de acordo co autor do texto cando afirma que estas transformacións foron as maiores que experimentou a historia da humanidade desde o Neolítico e as primeiras civilizacións? Xustifica túa resposta.
Además de responder as preguntas, debemos anotar todas as dúbidas que nos xurdan. Que aprendimos? Que conceptos descoñecemos? Habería que engadir algunha outra palabra que vos pareza que falta e que explicarían as revolucións que agora mesmo se están a producir no mundo? Cando credes que apareceron?


2. Buscando un sentido

Por que as persoas deciden actuar para cambiar o mundo no que viven? Por que hai épocas nas que se concentran acontecementos revolucionarios e outras nas que non?

O concepto "revolución" dá voltas sen parar pola túa cabeza. Pero, que é exactamente unha revolución? Un cambio violento? Unha reforma de algo que existía anteriormente?

Moitas preguntas para as que aínda non tes resposta. A ver se consegues aclarar algo.


Que é unha Revolución?




Le a información que hai aquí e despois responde

1. Cal sería a definición de revolución?

2. Conséguese levar a cabo segundo as leis vixentes nese momento?

3. Emprégase a forza?

4. Quen dirixe esa revolución?

5. É rápida ou lenta?

6. Desde cando existe este concepto de revolución?

7. Que características se teñen que dar para que  unha acción colectiva sexa considerada unha revolución?

8. Cal delas che parece a máis importante ou necesaria?

9. Que diferencia hai entre unha crise e unha revolución?

10. Dos exemplos que vimos ao comezo, cal cres que pode ser unha crise e cal unha revolución?





2.1 Que significa...?

Vai quedando algo claro?

Pero aínda hai moito que resolver, non? Por exemplo:

  • Como era o mundo que existía antes da "Era das revolucións"Por que se produciu o cambio? Quen foron os protagonistas?
  • Cando se produciron estas revolucións? Por que coincidiron tantos acontecimentos revolucionarios nun intervalo de tempo tan reducido?
  • Que mundo naceu tras a "Era das revolucións"?
  • Que consecuencias positivas e negativas tiveron as revolucións? Solucionáronse os problemas que existían anteriormente? Apareceron outros novos?

2.2 Diario de aprendizaxe  



Ao longo de todo o proxecto, anotaredes no voso diario de aprendizaxe todas as vosas inquedanzas, progresos e dúbidas. Ides facelo no caderno de clase e comezaremos con estes dous ítems:

1. Que estou aprendendo?


2. Que dificultades teño?


2.3 Tarefa 









Nesta primeira tarefa teremos que crear, coa ferramenta web Tiki Toki , unha líña do tempo dixital, na que ordearemos un conxunto de acontecementos históricos nun eixe.

Debemos introducir acontecementos relacionados cos contextos históricos da:

-Rebelión e Independencia das 13 Colonias
-Revolución Francesa
-Imperio napoleónico,
-Congreso de Viena,
-Guerra de Independencia Española e Constitución de Cádiz de 1812,
-Revolucions burguesas (1820, 1830, 1848),
-Nacionalismo (Unificación italiana e alemá),

A cada feito ou concepto  que incluamos engadirémoslle  unha breve descrición, unha imaxe, e nalgún caso que consideremos oportuno, vídeos que nos resulten útiles para ilustrar a época que estamos traballando.  

Faredes esta tarefa en equipo. Ao rematala deberedes compartir o resultado, para iso subiredes o enlace ao blog da clase.
O que debe ter a vosa liña do tempo:

É imprescindible que na liña do tempo inclúas a seguinte información:
  • Data de inicio e final da liña do tempo
  • Data de cada acontecemento, breve información e unha imaxe .

    2.3.1. Recursos na Rede

    É importante, para que a túa investigación sexa satisfactoria, que consultes  recursos e enlaces cunha información de calidade e axustada ás necesidades que se plantexan na tarefa. Busca información para a túa liña do tempo nas seguintes páxinas web
    Transformacións políticas: crise do Antigo Réxime, revolucións liberais e nacionalismo
    • E o voso libro de texto

    Uso de la ferramenta para a creación de eixes cronolóxicos
    • Para preparar a tua liña do tempo con Tiki Toki, podes consultar este titorial sobre esta ferramenta.
    Para avaliar esta tarefa tedes a rúbrica na aula virtual

    ✐✓

    PARA VER O VOSO TRABALLO

    Para ir vendo todo o traballo que ides facendo ao longo da avaliación debedes crear un taboleiro dixital en Padlet e ir facendo unha entrada con cada tarefa rematada. Aquí tedes un sinxelo titorial




    3. Comprendendo a revolución
    Para entender o pasado é necesario recurrir ás fontes históricas, así que toca traballar cos documentos históricos. Vexamos antes este vídeo:





    3.1 Que aprendiches do vídeo?

    Responde a estas cuestións?

    1. Este arquivo garda fontes primarias ou secundarias?
    2. De que data é o documento máis antigo que se cuestodia neste lugar?
    3. Por que aparece a figura de Cervantes no vídeo?
    4. Que documento gardan aí que está firmado por Napoleón Bonaparte?
    5. Que fan no departamento de Restauración? Cal é o deterioro máis              importante que sofren os documentos?
    6. En que se inspiraron para facer o logotipo do Arquivo Histórico Nacional?
    7. Que requisitos se precisan para consultar un dos seus documentos?
    8. Que foi o que máis che sorprendeu do vídeo?


    domingo, 6 de octubre de 2019

    España no século XVIII

    ESPAÑA




    Segundo as últimas noticias xa solucionaron os seus problemas económicos.



    GALICIA

     


    TAREFA
    Relaciona imaxes e textos co seu contexto histórico

    1. Campomanes

    2. El palacio de Insausti de Azkoitia fue la sede principal de la Real Sociedad Bascongada de Amigos del País.
     3.

    Esquilache
    quiero y mando que toda la gente civil... y sus domésticos y criados que no traigan librea de las que se usan, usen precisamente de capa corta (que a lo menos les falta una cuarta para llegar al suelo) o de redingot o capingot y de peluquín o de pelo propio y sombrero de tres picos, de forma que de ningún modo vayan embozados ni oculten el rostro; y por lo que toca a los menestrales y todos los demás del pueblo (que no puedan vestirse de militar), aunque usen de la capa, sea precisamente con sombrero de tres picos o montera de las permitidas al pueblo ínfimo y más pobre y mendigo, bajo de la pena por la primera vez de seis ducados o doce días de cárcel, por la segunda doce ducados o veinticuatro días de cárcel... aplicadas las penas pecuniarias por mitad a los pobres de la cárcel y ministros que hicieren la aprehensión.
    Bando de 10 de marzo de 1766. 

    4. 


    5. Hórreo de Carnota

    6. Imaxinade que a imaxe fose do século XVIII (a imaxe é no porto de A Coruña). fonte: mundiario.com

    7. Fonte: ailladearousa.com






    martes, 1 de octubre de 2019

    A Ilustración

    Esquema visto no Blog del profe Jaime


    Observade a información sobre os avances científicos que tiveron lugar a partires da Ilustración e os actuais.
    Que foi a revolución científica?
    Os principais inventos tecnolóxicos
    A ciencia do futuro?

    Comparade, reflexionade e sacade conclusións.

    domingo, 22 de septiembre de 2019

    O Antigo Réxime

    Brevísimo resumo a xeito de introdución


    martes, 17 de septiembre de 2019

    CURSO 2019/20

    Repasando o século XVII



    Baseada na novela de Gonzalo Torrente Ballester "El rey pasmado".


    A Guerra dos Trinta Anos